Hoxe folga xeral no ensino en Galicia, nótase nas rúas que a primeira hora da maña estaban baleiras, por falta dos estudantes.
Feijoo, segue erre que erre, pero é que non contenta a ninguén. Na cadea dos bispos entrevistouno a periodista Cristina López Schlichting e abroncouno porque segundo ela os pais queren que os seus fillos estuden en castelán e non lle gusta o decreto de Feijoo.
Pobre decreto que non contenta a ninguén: nin os profesores, a RAG, as universidades, a Galiza monolingüe, a cadea dos bispos, nin PSOE, nin BNG, e eu pregunto a quen lle cargaran o morto? Seguro que Feijoo termina responsabilizando a alguén de todo este lio, será o conselleiro de Educación? Será o director xeral de Política Lingüística? Seguro que algún deste non chega o san martiño.
Imos dicir como dicía Aznar a Felipe González: "váiase señor Feijoo"
Aínda que hoxe non podo estar en persoa na manifestación en Compostela, estarei de corazón.