
As novas xeracións do PP organizaron unha subasta dunha cea con Feijoo para recadar fondos para os reis magos e entregar xoguetes os nenos necesitados.
Parece que semellante evento non tivo demasiado éxito, o importe da cea acadou a cantidade de 1.300 €, o incauto seria familiar dalgún deles.
En primeiro lugar có presidente da Xunta de Galicia, se preste a participar en semellante circo non me parece propio. Non é que estea mal recadar fondos para os nenos necesitados o que esta mal é o xeito.
Vexamos, se estes nenos “pijos”, en vez de mercan uns zapatos de Manolo Blahni de 400 € como mínimo, unha camisa de Prada de 300 o un bolso de Gucci de mais de 800 €, mercan uns zapatos de 90 €, unha camisa de 30 € e un bolso de 30 €, quedaríalles 1.350 € a un so, se son tantos como din, imaxínense o que poderían recadar para os nenos necesitados e non teñen que montar semellante espectáculo.
Parece ser que en total recadaron uns 3.000 €, porca miseria, e por enriba quitaríanlle o diñeiro a xente humilde. Que dean exemplo e empecen apertando o cinto eles mesmos.
Esquecíame, que o 2010 lles traia a todos: traballo, saude, ...