
O mesmo día que o PP aproba o Código Ético de Boas Prácticas, para os seus afiliados e traballadores, elíxese alcalde de Arrecife a un concelleiro do PP co voto de dous edís imputados por presunta corrupción urbanística e administrativa. Dita trama corrupta afecta o Cabildo insular e ós concellos de Arrecife, Yaiz y Tinajo, así como a Cámara de Comercio.
Estas son as contradicións do PP, de cara a galería vende o seu código ético, e por outra banda pacta cos corruptos.
O máximo responsable deste Comité é o ex conselleiro e ministro do PP Romay Becaria, home do OPUS e mentor do presidente da Xunta.
Home, o código ético boa falta lle facía, o caso e que se leve a termo e mais dificil. Todos sabemos que o chegar estas datas as procesións de xente cargada con agasallos que desfilaba polos despachos e polas casas particulares dos altos cargos, era todo un espectáculo: cestas, caixas... un goteo continuo.
Pero, acaso isto deixarase de producirse?, Non o creo, o mundo empresarial, o mundo da construción ten como norma, o chegar estas datas, agasallar a aqueles que lles fan favores durante todo o ano, eu penso que esta costume non a van a perder, aínda que boa falta facía.
Na época das vacas gordas da construción, ata os simples postos base de determinados departamentos recibían agasallos de 60 €, así que ... imaxínense o que lles podía caer os xefes!
Tags: ético, código, corrupción, agasallo, corrupto