
Por fin parece que para o PP o BNG perdeu os cornos e o rabo. O pleno do Parlamento aprobou por unanimidade a proposición de Lei presentada polo deputado nacionalista Fernando Branco para reformar a Lei de caixas de aforro de Galicia.
O apoio do PP a proposición do BNG causou sorpresa xa que inicialmente o portavoz do PP quixo eliminar esta iniciativa da orde do dia da xunta de portavoces.
Algo estraño debe pasar, será a presa que teñen no tema dafusión de Caixa Galicia (onde ten maioría o PP) e Caixanova (onde domina o PSOE), aínda que o mellor queren dar unha de cal e outra de area; para que se o presidente non consegue a fusión entregarlle Caixa Galicia a Esperanciña Aguirre (Caja Madrid) e ter contento ou entretido o BNG por aprobarlle unha proposta súa.
En breve teremos a resposta...
Tags: parlamento, galicia, BNG, lei, caixas, proposición