
Unha de cal e outra de area, vexamos: nunha sentenza do Supremo dita sentenza por unha denuncia dunha familia do colexio 'Los Sauces' de Vigo que pretendía que o seu fillo estudase todo en castelán, petición que denegou a administración autonómica.
O Tribunal Supremo di: “"Toda persoa dependente da xurisdición dun Estado o dereito a ser instruído na lingua da súa elección conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían reivindicar así unha instrución impartida en calquera lingua, en calquera dos territorios", argumenta o xuíz.
Por outra banda un xulgado de Alcorcón négalle a unha nai trasladarse a Vigo cas súas fillas polo “desarraigo que se estende ao seu ámbito escolar, pois as menores estiveron escolarizadas desde hai moitos anos no Colexio Amanecer, de Alcorcón, para agora verse escolarizadas en Centros Públicos, en Vigo, con inmersión nun sistema escolar en lingua galega, unha lingua distinta á que foron escolarizadas até o de agora, que máis alá do ámbito de aquela Comunidade Autónoma, non se aprecia que teña ningunha outra utilidade práctica”.
Eu pregunto, ditaría a mesma sentenza este xuíz de Alcorcon se a nai e as fillas se trasladaran a vivir a Londres ou a Paris? Este xuiz non debeu estudar xeografía e non sabe que existe: Portugal, Brasil, Monzambique, Angola, Guinea, Azores...
Polo que atinxe a sentenza do Supremo, di que o plan de estudos establéceo o Estado e non os pais, polo tanto na Galicia non son os pais os que teñen que dicir se os fillos estudan todo en galego ou todo en castelán, senón que é a administración a encargada de establecelo. Polo tanto o señor Feijoo deberá tomar nota e esquencerse dos seus amigos de galicia monolingüe.