
O presidente da Xunta de Galicia acaba de avanzar que vai aprobar a Lei de comunicación audiovisual para adaptar o marco normativo galego ás modificacións das normas estatal e europea; e a reforma da Lei de creación da CRTVG para garantir o protagonismo do Parlamento no nomeamento do director xeral.
Espero que esta modificación supoña que o director da CRTG, así como o director/a da televisión e da radio sexa unha persoa independente e que estes medios sexan neutrais e non beneficien sistematicamente o goberno.
Non pagamos tódolos galegos estes servizos públicos?, pois entón temos todos os mesmos dereitos de información.
Entón non se faría o que fixo a directora da televisión de Galicia (coñecida como a telegaita), a un dos cámaras que acompañaba o presidente sustituíuno por ser membro do sindicato CC.OO. O interesado puxo a correspondente demanda no xulgado e o xuíz deulle a razón.
É moito a parcialidade deste goberno, que se rebaixen a mover a un simple cámara de televisión é de vergonza, pero se ve que a señora directora nin a ten, nin sabe o que é iso.
Tags: crtvg, galicia, audiovisual, radio, televisión