Como todo o mundo sabe o bipartito gobernou en Galicia durante uns tres anos e medio, nese tempo moitos dos funcionarios destinados en prazas de “libre designación”, foron cesados e substituídos por outros, dado que son persoas de confianza que poden ser cesadas libremente en calquera momento.
Nun destes postos atopábase a muller dun deputado e concelleiro do PP, que foi cesada. Motivo, vexamos: chegar a oficina unha hora mais tarde da hora de entrada, non realizaro traballo que lle correspondia facer ...
O PP gañou as eleccións e dita funcionaria foi reposta, polo seu partido, na praza na que fora cesada. Un día un compañeiro o que lle encomendaron un traballo que realizaba esta funcionaria no tempo que estivo cesada, foille preguntar como se facía ese traballo, e saben vostedes que lle contestou: “...si eso lo hacía yo, pero ya me olvide de como se hacía”.
Señores e señoras se este é a aptitude e o interese que demostran pola administración os que estan gobernando, que podemos esperar desta administración e dos dirixentes do PP?

Tags: administración, galicia, funcionaria, deputado, concelleiro