
No consello da semana pasada aprobouse o decreto que regula o plan de vivenda 2009-2012, o presidente da Xunta vendeuno como que ía crear 40.000 posto de traballo.
Permítanme que me ría ja, ja, ja…, este plan non é algo novo. Cada catro anos a administración do estado saca un novo plan de vivenda, para a construción, compra e rehabilitación de vivenda. A Xunta ó único que fai, e fixo sempre, é complementar o plan do estado con unha pequena axuda autonómica no caso da compra de vivenda ou no caso das ARIS e ARUS, no resto dos casos o diñeiro pono o estado. Vexamos:
Construción de vivenda polos promotores: os créditos son concedidos polos bancos, a través de convenios que establece o Ministerio de Vivenda cas entidades financeiras.
Adquisición de vivenda nova ou usada: o crédito é do convenio do banco co ministerio, e a subvención parte dáa o Ministerio e parte a Xunta.
Rehabilitación de vivendas: as axudas son integramente do Ministerio.
ARIS e ARUS: parte da axuda corresponde o Ministerio e parte a Xunta.
En definitiva isto non é nada novo, é un plan similar os anteriores que xa houbo, so que o anterior estaba rematado e había que aprobar un novo que por certo aprobase con bastante retraso, xa que o plan estatal saíu xa o ano pasado.
Un apunte para Feijoo: o anterior plan de vivenda 2005-2009, a comunidade que mellor xestionou e cumpriu os obxectivos foi GALICIA, mal que lle pese o señor Boné e o señor Hernandez.
Tags: vivenda, rehabilitación, venda, compra, xunta, bone, hernández