
O A8 blindado de Touriño xa ten novo dono, si parece ser que é Noyasport, S.L., ben coñecido na Xunta de Galicia xa que é o concesionario de citroen enSantiago.
Era de esperar os vehículos da xunta, como dixo o presidente, teñen que ser citroen, entón non quedaba outro remedio, a cousa seguro que xa estaba negociada antes de saír, para iso cando era portavoz da oposición lle deixaron un citroen.
Agora solo podemos viaxar en citroen, aínda que eses citroen veñan de Francia, fabricados nas terra de Sarkozy, este debe ser o modelo a imitar de Feijoo.
Pérdese diñeiro, tanto no coche de Toriño como no resto que non se venden, non hai compradores, pero seguro que o concesionario citroen esta disposto a mercalos a moi bo prezo.
En seis meses Feijoo derrubou: gratuidade libros texto, galescolas, galego, complemento pensións noncontributivas, concurso eólico, software libre… pódese facer mais en menos tempo?
Aínda quedan 46 meses…