
Chegou o PP o goberno e xa recortou a axuda de 200 € que o BNG puxera en marcha como complemento as pensións non contributivas. O importe medio destas pensións esta en torno os 300 € mensuais, vaia millonada!
51.000 pensionistas vanse quedar sen dito complemento.
O goberno vótalle a culpa a crise económica, a austeridade e que teñen que priorizar. Vaia por deus, os pensionistas non lles afecta a crise segundo o punto de vista de Feijoo e por iso lles rebaixa a pensión.
Pois eu diríalle o señorito Feijoo que el e todo o seu goberno, conselleiros, asesores, altos cargos, presidentes de organismos autónomos, empresas públicas…, se rebaixen o soldo e co que se quiten que lle paguen os 200 € os pensionistas, porque eles gañando 80.000 €, 90.000 € anuais, (dietas e asistencias a consellos de administración van a parte) ben se poden baixar o soldo un 20%, e seria por unha boa causa, pensen que os obreiros teñen que arranxarse con moito menos.
Tags: pensións, non contributivas, orzamentos, galicia, feijoo