
O director xeral de política lingüística da Xunta deGalicia, di que a partir do vindeiro curso as clases serán en: castelán, galego e inglés.
Eu pregúntolle o señor Lorenzo: cantos alumnos de infantil, primaria, secundaria e bacherelato dominan o inglés para poder dar toda unha clase nese idioma?
Fixo o señor Lourenzo e o señor Feijoo algún estudo sobre a porcentaxe de fracaso escolar que imos ter por non dominar o idioma, ou acaso, farán tradución simultánea?
Teñen profesores preparados para dar as clases en inglés? Contratarán tradutores?
Ou todo é unha cortina de fumo para dar as clases en castelán, e contentar os seus amigos de Galicia monolingüe?
Mentiras, mentiras e mais mentiras…