
Leo no diario “El Pais” que a conselleira de Facenda solo chegar ó goberno da Xunta mandou facer auditorías externas de: Portos deGalicia, Igape, CRTVG, Sogama, … pero non vexo o Instituto Galego da Vivenda e Solo, non sei se é un erro e non aparece ou é que a este organismo a señora conselleira considera que funciona ben e non o vai auditar.
Así mesmo, di que van loitar contra o fraude, xa que moitas débedas que se reclaman os cidadáns terminan prescribindo e sen cobrar.
Mal se pode ingresar se non se reclaman, por exemplo no IGVS, hai xente que leva 3, 4, 5 ou mais anos vivindo sen que lle facturen un euro. Teñen xente nas vivendas que non paga o crédito, ou non paga o aluguer e ninguén di nada, nin se lles reclama nada, nin os desafiúzan, o que é inxusto para os que si pagan, e despois teñen a pouco vergoña de dicir que o IGVS pode quebrar por culpa da xestión do bipartito, cando eles estiveron dirixindo o IGVS e nunca se preocuparon da débeda que tiñan.
Os actuais dirixentes nunca tiveron interés en cobrar as débedas, nin en inspeccionar, nin en abrir expedientes sancionadores, nunca tramitaron ningún e non van empezar agora que o que hai que facer é ir a caza do voto.
Así estamos os galegos gobernados, por persoas que o único que lles interesa é engordar os seus bolsos e a boa administración é cousa doutros.