
Non estaba Carlos Negreira (man dereita de Feijoo desde a Consellería de Sanidade, pasando por Correos ata a CPTOPV), non estaba Corina Porro, non estaba Alfonso Rueda, nin Ana Pastor, pero Galicia falou alto e claro "Queremos Galego".
Tódalas formacións políticas galegas, menos o PP, apoiaron a manifestación celebrada onte a favor do idioma, incluso asistiron militantes e simpatizantes do PP, a titulo persoal.
Ata cando este PP reaccionario e anti-galeguista que nos goberna seguirá na sua atalaia sen escoitar o pobo?
O “Prestige” foi a tumba de Fraga, pode ser o idioma a tumba de Alberto Nuñez?
Fraga tiña o apoio unánime do partido, sen embargo Feijoo non o ten. Feijoo chegou o PP como un técnico, durante moito anos non estaba afiliado, chegou o poder e fixo un goberno de técnicos mediocre, basta mirar o seu arredor para ver que se rodeou de persoas sen moita experiencia e incluso os que a teñen, algúns teñen un pasado dubidoso de todos coñecido.
Terá Feijoo o apoio indiscutible das bases do PP?
Xa vemos o que esta a acontecer en Ourense, Baltar afia os coitelos, mentres o resto están acazapados esperando o que pasa para saltar a area ou quedarse nos toriles.
Pode ser o “galego” o verdugo de Feijoo?
Tags: idioma, galego, galicia, feijoo, manifestación, compostela