
Golpe de efecto no PP de Ourense, José Manuel Baltar Blanco comunica ante a prensa a súa intención de presentarse a presidente do PP de Ourense, salvo que se presente o seu pai.
Feijoo, non quería que continuase Jose Luís Baltar, pero este sempre dixo que cando se fose sería voluntariamente, que a el ninguén o botaba e se alguén o intentaba que se revelaba, pois aquí esta a mostra.
Baltar sempre quixo colocar o seu fillo: de conselleiro, de delegado,… pero ata agora non o consígueo. Se el se vai o fillo queda orfo, polo tanto é o momento de colocalo, poñelo a fronte do partido en Ourense.
Baltar sempre foi moi listo, coñece ben todo o entramado da política, sabe que Feijoo o necesita se quere seguir gobernando en Galicia.
Baltar júnior preséntase asegurando que dispón dun proxecto “atractivo, centrista e galeguista”, xa o estou vendo, xusto no outro estremo do actual PP de Feijoo “dereita reaccionaria e anti-galeguista”.
Estou seguro que Baltar júnior non esta solo, probablemente ten apoios na ala galeguista do PP en Lugo e enPontevedra, non estaría tan claro en A Coruña.
Apostamos para ver se o goberno Feijoo acaba a lexislatura?