
O final aínda imos ter un Gürtel en Galicia.
Agora segundo di a prensa (Xornal e o Pais), parece ser que a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), mercou un local para sede no mesmo edificio, na mesma época e ó mesmo construtor que vendeu un local o PP para montar a súa sede en Santiago.
En principio era un aluguer con opción de compra, pero con unha opción que no caso de mercar os locais, descontábase o aluguer.
As empresas as que se lles mercou os locais son Kotlas y Gestinfor de Inversiones, sería conveniente investigar quen son os accionistas destas empresas.
Parece ser que o desfase é de cerca de un millón de euros.
Segundo os datos facilitados, o PP compra a moi bo prezo, pero a administración gobernada polo PP, véndenllo a prezo de ouro, claro pagamos todos.
O señor Bouzada director do Fegas, ten a pouca vergonza de dicir que foi un erro do funcionario de cortar e pegar. Que pena que o funcionario non conserve o orixinal que lle deron! Agora a culpa é dos funcionarios, os políticos so saben cobrar e asinar sen saber o que asinan. Eu diríalle o señor Bouzada: “a muller do cesar a parte de ser honrada ten que parecelo”.
Tags: fegas, partido popular, bouzada, sede, galicia