
O presidente da Xunta de Galicia visitou o venres pasado Lugo, como é habitual entre todos os altos cargos da Xunta (goberne quen goberne) ninguén pode pasar sen ir a comer o polbo nas festas do San Froilán e iso que estamos en tempo de crise, para elo invéntase unha visita institucional e xa esta arranxado o asunto.
A desculpa desta vez, era que foi participar na apertura simbólica dunha porta da muralla, e posteriormente déronlle unha voltiña pola muralla e o barrio da Tineria que leva anos rehabilitándose e aínda queda moito por facer.
Perfectamente flanqueado polo mundo do ladrillo, percórreo a muralla. Do lado dereito ía Jaime Castiñeira, xa saben ese que ata fai pouco era deputado, concelleiro, empresario relacionado coa construción, funcionario e membro do COAAT, no lado esquerdo o actual director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ese que fai uns anos foi de número dous nas eleccións ao concello de Lugo ademáis era delegado provincial da consellería de Política Territorial, e antes de tomar posesión deu a espantada presentando a dimisión, aparte ten intereses no mundo da construción dado a súa profesiónde arquitecto.
Din que Castiñeira pode ser o posible candidato a alcalde de Lugo polo PP, se fose el o candidato seguro que o mundo da construción estaría encantado dado a súa gran relación con este sector e seguro que lle acompañaba o seu amigo Bone como concellal de urbanismo, pero ollo que o señor Bone se non goberna dimite, este señor se non hai tallada desaparece.
Tags: lugo, visita, san froilan, bone, castiñeira