
As mocións de censura non paran. Parece ser que a derradeira é a de Láncara, un pequeno concello da provincia de Lugo.
Nótase que as eleccións municipais están a volta da esquina e os corredores empezan a ocupar posicións coa vista posta nas próxima cita electoral. Todos queren coller a mellor posición para chegar con vantaxe, pero moitas veces estas mocións de censura o que fan é arrastralos máis abaixo na oposición.
En Láncara era unha unión que estaba cantada. O portavoz de TEGA, era un home do PP de toda a vida, salvo que era cacharristas e como estaba cabreado porque apartaron a Cacharro do PP, subiuse o carro de TEGA, pero a unión natural deste home é co PP.
Total mais do mesmo, imaxino que de aquí as vindeiras eleccións aínda nos esperan mais mocións de censura, tempo o tempo.Tags: concello, alcalde, moción censura, galicia