
Eu tiña o presentimento, sempre pensei que Brasil ía ser a sede gañadora dos xogos olímpicos de 2016, era imposíbel que fose Madrid, xa que os anteriores xogos vanse celebrar en Londres e non era de recibo que outro pais do mesmo continente, fose no 2016, sede dos xogos.
Agora imos ver para que serve o galego, con estes xogos se os galegos imos a Brasil, podemos entendernos perfectamente cos brasileiros, pero seguro que se os de Galicia monolingüe van co seu castelán de Valladolid, seguro que no nos entenden.
Agora seguro que nos sae Carlos Negreira, dicindo que esta encantado de que o non ser Madrid a sede sexa Río, xa que el naceu en Río. Pois que vaia aprendendo galego, porque co seu castelán, seguro que non o entenden.
Parabéns para Río, para Brasil, para tódolos brasileiros e para o seu presidente Lula!
Tags: rio, lula, brasil, olimpiadas, galego