
Ética, que é a ética? Segundo o dicionario da RAG un dossignificados é: Ciencia que trata dos costumes e da moral e que tenta establece-los límites entre o ben e o mal no comportamento humano.
Vostedes creen que é ético que o señor José Ignacio Goirigolzarri número dous do banco BBVA, con 55 años se xubile con unha pensiónde 3 millóns de euros anuais?
Despois este banco cóbranos por todo, ata polos “bos días”, cobran por transferencias, por mantemento da conta, por apunte, por… e véndenos de todo, dende unha cristalería ata un robot de cociña e os altos directivos enchendo os bolsos a conta de todos os que alí temos algún aforro.
Despois andan os empresarios todos alporizados porque o goberno non abarata os despidos, despois o goberno ten que poñer diñeiro para os bancos, vaia exemplo que nos dan todos eles.
Unha vergonza o do BBVA e o seu consello de administración, coñecerán estes señores e señoras o significado da palabra “ética”?
Eu propoño boicot ó BBVA...
Tags: bbva, ética, Goirigolzarri, francisco gonzalez, banco