
Parece ser que a Xunta de Galicia reclamará 41 millóns de euros do imposto de Patrimonio os contribuíntes con maiores capitais, o que non se sabe e en que prazo se vai cobrar, eu diría, si se cobra.
Pero o descontrol da Xunta non é so nos impostos, tamén é no cobro los recibos por residentes que teñen nos centros dependentes da Xunta, por inquilinos nas vivendas sociais, etc.
Ti tes un familiar nunha residencia, ese familiar ten unha pensión ti como titor cobras esa pensión, pero por capricho non pagas as mensualidades ó centro onde esta ingresado, pois non pasa nada. O residente segue na residencia e ti cobrándolle a pensión e a Xunta non pon ningún remedio.
Outro caso, tes unha vivenda social, non pagas os recibos, porque pola deixadez da administración non che facturan, ou porque aínda que che facturen non che da a gana de pagar, pois tranquilo que non pasa nada, non te van botar.
Quen son os incompetentes, os políticos, os altos cargos, os funcionarios?
Tags: xunta, patrimonio, contribuíntes, residencias, vivenda