
Dicíanos que estábamos en crise, que non ten diñeiro, que non se poden poñer a funcionar garderías (antigas galescolas), hospitais, que non se pode pagar a lei de dependencia. Non ten diñeiro para a gratuidade dos libros, ten que vender os audi (http://es.globedia.com/alberto-nunez-feijoo-subasta-audi-mentira), para mercar citroen, pero resulta que andan facendo turismo por toda Galicia, desta vez tocoulle o boleto da sorte a Lugo.
Onte o goberno galego celebrou o consello da Xunta en Lugo (agora toca pagar dietas os choferes, xefes de prensa, persoal de gabinete, etc., etec, por viaxar a Lugo), o motivo desta viaxe era que se aprobaba un plan de medidas para reflotar a economía de Lugo, este plan chamarase “plan impulsa Lugo”, pero non será un plan solo da Xunta, tamén pretende que entre o Concello a Deputación e a patronal lucense.
Como sempre moi boas palabras, pero todo vai quedar no papel, senón tempo o tempo.
Eu penso que apróbense as medidas que se aproben non é necesario montar todo este fasto de ir de viaxe turístico polas cidades, porque o que queremos os cidadáns é que tomen medidas para sacarnos da crise, que non haxa paro, que a sanidade funcione ben, que haxa garderías, centros de día, residencias,… onde se celebre o consello da Xunta é o de menos, si nos preocupa se encima nos costa diñeiro.