
A señora Farjas, conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, parece ser representante de Galicia monolingüe no goberno galego. Esta señora fixo unha entrevista para a televisión galega e negouse a falar en galego. Pero deste goberno de Feijoo non nos estraña, a maioría dos conselleiros e altos cargos da Xunta de Galicia parecen casteláns de Valladolid posto que o idioma que usan de cotío é o castelán, o galego nin o saben falar, nin teñen vagar para aprendelo.
Como se pode defender un idioma e unha cultura dun pais se a descoñecen ou incluso se odia?
En protesta por esta actitude o presidente da Mesa pola normalización Lingüística presentou no Rexistro xeral da Xunta un “manual básicode aprendizaxe do galego” e un volume “Sobre o racismo lingüístico”, esperemos, polo menos, ca conselleira saiba ler.
Tags: galego, galicia, monolingüe, idioma, Xunta