
Feijoo non quere devolver os 2.000 millóns de anticipos de financiamento autonómico, porque di que no nos ten.
Como chantaxe di que se ten que devolver este diñeiro terá que recortar gastos en: sanidade, educación e servizos sociais, e seguro que o fai.
Pois mire señor Feijoo, non fai falta que recorte ese gasto con non subvencionar o ensino privado con 900 millóns de euros, un millón de euros que lle deu a Voz de Galicia, mais 400.000 € o Faro de Vigo, 400.000 € que gastou na enquisa do galego e a propaganda da gratuidade-solidaria, 22.000 € na galiña azul, mais as obriñas e mudanzas que esta a facer sen ser necesarias, etc.,etc., xa nos pasamos dos 2.000 millóns de euros sen quitar nada a sanidade, nin o ensino, nin os servizos sociais.
Señor presidente pense en Galicia e nos galegos cando goberna e deixe de pensar en vostede mesmo, nas súas ansias de poder, no pago de favores os que lle axudaron a chegar onde esta e no seu propio partido.
Se de verdade vostede se considera galego e ama a Galicia, baixe do pedestal onde o subiron ou onde vostede mesmo se subiu, baixe a terra e traballe por Galicia e para Galicia e senón váiase señor Feijoo.
Tags: feijoo, galicia, estado, financiamento, gasto, autonómico