
Na fin de semana vin na televisión de Galicia, unha deputada do PP de Ourense, que pretendía explicar os cidadáns a mentira da gratuidade-solidaria do PP para os libros de texto no ensino primario.
O argumento da lúcida portavoz do PP era o seguinte: os libros gratis son para as familias de clase baixa e media.
Tomo os datos da Orde de convocatoria de axudas e calculo para unha familia de 4 membros: é dicir pai, nai e dous fillos a renda máxima anual ten que ser de 21.600 €, para recibir 180 € de axuda, que probablemente non lle chegaran nin para pagar a totalidade dos libros xa que a maioría esta en torno os 200 € ou mais.
Para a mesma familia se os seus ingresos acadan ata 36.000 € recibirá 104 €, se pasan deste importe xa non reciben nada.
Segundo esta portavoz do PP, se sodes catro membros de familia e gañades mais de 36.000 €, xa pertences a clase alta e por iso non tes dereito a ningunha axuda.
Segundo esta teoría toda a clase política que gaña mais do dobre: deputados, conselleiros, directores xerais, etc., etc. deben ser multimillonarios e persoal WIP (Very Very Important Person), polo tanto non entendo como este PP lle da diñeiro o ensino privado, quitándollo a clase baixa e media, que eles din que son os que pretenden favorecer.
Debian poñerse colorados cando contan estes embustes, pero non o fan, será que a vergonza a perderon fai moito tempo.
Este é o goberno que temos e o que nos queda.
Tags: deputada, ensino, libros, galicia, clase baixa, clase media