Leo na prensa que o crego ourensán Benigno Moure presidente da fundación San Rosendo, que foi condenado a cinco anos de cárcere e cinco de inhabilitación por despoxar dos seus bens a unha anciá residente nun dos xeriátricos da Fundación que preside, segue o fronte da institución e esta intentando non entrar en prisión.
O cura de 76 anos parece que presentou un informe médico que di que ten “graves e irreversibles doenzas”, que se poderían complicar no cárcere e que podería supor acurtalle a vida.
Parece ser que o cura pediu o indulto e esta esperando que llo aprobe o consello de Ministros, e ata ten informe favorable respecto o grao de arrepentimento.
E boa verdade o refrán que di sobre os cregos: “fai o que eu digo, pero non fagas o que eu fago”.
Onde esta a caridade deste crego cos irmáns? Onde esta o voto de pobreza? Non di a igrexa católica que hai que compartir cos demais?
Como se pode ter crenza algunha na igrexa católica candos ves a xente como este crego estafando, mentindo, incumprindo unha sentenza e a igrexa esta caladiña?
O final incluso será san benito moure e lle porán unha estatua.
Tags: igrexa, crego, moure, san rosendo, fundación