
O presidente da Xunta ven de anunciar que reducirá o orzamento nun 15% en gastos administrativos: dietas, teléfonos, viaxes, transportes, mobiliario, atención protocolaria, publicidade e propaganda.
O das dietas paréceme ben pero que recorten a todo o persoal o que llas asinan e saben perfectamente que non saíu de viaxe ou que non ten dereito a elas xa que a súa xornada de traballo é de 7:45 a 15:15, ademais que as poñan iguais para tódolos grupos porque o mesmo ten dereito a comer e durmir o conselleiro co chofer, e o conselleiro cobra por dieta completa: 155,90 € e ochofer: 77,13 €.
Que controlen os coches que usan os funcionarios e altos cargos para uso particular.
En canto a propaganda, pouco exemplo da cando se gastou 200.000 € nunha campaña de mentiras da gratuidade-solidaria los libros detexto.
Di que van aforrar en mobiliario, nin el mesmo o cree cando están pagando a unha empresa de mudanzas para cambiar servizos dunha planta a outra ou cando por capricho de algún xefiño territorial van trasladar servizos completos e para iso teñen que realizar obras dun elevado orzamento, pero deso igual o presidente non se decata ou non se quere decatar, ou será que como aínda non estamos no 2010, non lles afecta esta redución do gasto.
Tags: Feijoo, austeridade, galicia, goberno, dietas