
Nótase que temos un ministro galego no ministerio de Fomento, non como outros que pasaron polo cargo con mais pena que gloria.
So chegar, o tema do AVE púxose en marcha, cando estivo moito tempo paralizado ca anterior ministra que nunca se recordou de Galicia.
Na guerra dos aeroportos como primeira medida o ministro ven de poñer en marcha o Comité de Desarrollo de Rutas Aéreas para Galicia, integrado polos alcaldes destas cidades, AENA, a Xunta, Cámara de Comercio e empresarios
O problema non so é de competencia entre eles, tamén é de competencia con outro co de Porto, dado que este aeroporto fai moitos anos que esta quitando pasaxeiros os aeroportos galegos.
O aeroporto de Porto é empregado por moitos emigrantes galegos que veñen de vacacións a súa terra, sobre todo de Sudamérica e viaxan coas liñas portuguesas porque lles sae mais barata a viaxe. Ademais no aeroporto recólleos un taxi e lévaos o seu destino e para o regreso o mesmo, entón con este servizo e por enriba mais barato, quen se nega a viaxar.
Penso que tres aeroportos en Galicia son excesivos, A Coruña esta a 60 kmde Santiago Vigo a 85, non son grandes cidades de varios millóns de habitantes. Pero o problema é que aí están e terán que buscarlle unha solución. Ampliar os tres? Absurdo, débese potenciar un con vos internacionais, con boas comunicacións cas outras cidades, servizos, etc. E os outros dous deixalos para o tráfico nacional e de mercadorías.
Cal é o problema para non chegar a un acordo? Como sempre os políticos, que se tiran a piscina por uns poucos votos e menten dicindo que isto é necesario ou que vai facer o que non fai o outro, e nos pobres incautos crémolos e votámoslles sen pensar e sen ver a realidade dos feitos.