
Na prensa do fin de semana falábase de que o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández anunciou que no mes de novembro entrará en vigor o novo decreto que modificará o funcionamento do Rexistro de demandantes de vivenda protexida de Galicia.
Di o conselleiro que se propón “garantir a transparencia” “igualdadede oportunidades e “simplificar” o acceso a vivendas de protección. Todo isto que di o conselleiro xa existía dende o seu inicio, a transparencia e igualdade de oportunidades existiu dende que se creou o realizarse por sorteo ante notario. Non é nada novo o que nos conta Hernández.
Como a el o da transparencia non se lle da moi ben, sobre todo despois da adxudicación dun contrato de 1,5 millóns de euros a súa antiga empresa e cando a lei de contratos estableceque o importe máximo é de 1 millón de euros, no procedemento negociado sen publicidade.
Di Hernández que o anterior rexistro funcionaba mal, imos ver se o seu funciona mellor. As vivendas non se venden, pero a realidade é que a vivenda non se vende nin de protección, nin libres.
No ano 2008, a caída da venda de vivenda nova foi en España do 34,7%,e en vivenda usada do 40,6%. No ano 2009, a caída da venda nos primeiros 6 meses foi do 18,1 % en vivenda nova e un 32,6 en vivenda usada.
Respecto a vivenda de protección a caída de vendas foi do 20,2 %.
Con estes datos, como pretende o conselleiro dicir que a culpa é do rexistro.
Como sempre cando se fai unha norma hai que pulila, dado que sempre hai cousas que se deben corrixir, que non funcionan xa que o lexislador fai a norma en base a unha teoría, pero a práctica, a maioría das veces, é distinta da teoría.
O rexistro de demandantes terá cousas que mellorar para facelo mais áxil, pero a idea é boa e foi do BNG mal que lle pese a conselleiro, o que pasa é que como non pode suprimilo porque o establece o plan cuadrienal 2009-2012 do Ministerio de Vivenda segue contando mentiras como na campaña e di que el vai garantir a transparencia.
Tags: vivenda, rexistro, demandantes, xunta, hernandez, conselleiro