
O portavoz do PP na Coruña Carlos Negreira, xa non sabe onde buscar votos para as próximas eleccións municipais. Primeiro apoiou a "galicia monolingüe", el é monolingüe aínda que polo seu nacemento no Brasil, debía falar portugués pero no no fala e moito menos o galego que é o idioma da “plebe”.
No pleno municipal, Negreira para atraer uns cantos votos da dereita mais reaccionaria e o mesmo tempo non perder os votos dos moderados desa que para el é “La Coruña”, abstívose de votar a favor da retirada dos símbolos franquistas.
Agora para Negreira Millán Astray, aquel que se quitou o apelido da nai “Terreros” porque significaba “baixo e terreal”, di que “foi un coruñés de pro, de toda a vida”, pois que lle pregunten os mouros, das aldeas onde entraba e arrasaba con todo o que atopaba e veremos se lle din o mesmo.
Recoméndolles ir a páxina que poño a continuación para saber quen foi Millán Astray:
http://www.xtec.es/~jrovira6/bio/astray.htm