
Hoxe comeza o curso escolar o que me recorda unha historia que me contaron fai un tempo.
Cando Feijoo chegou a administración autonómica de funcionario interino, o seu primeiro destino foi a Secretaría Xeral Técnica do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda en Santiago de Compostela.
Pois ben, el e a tres compañeiros mais entre os que se encontraba Carlos Negreira, puxéronlles de auxiliar administrativo a unha moza que se chamaba Julia un pouco maior ca eles, que era moi faladora e un pouco descarada e como eles eran, por aqueles tempos, uns “pipiolos”, esta rapaza cando falada deles co resto dos compañeiros chamáballes “mis pollos”.
Entón, o resto de funcionarios da consellería, cando se referian a Feijoo, Negreira, … chamábanlles “los pollos de Julia”.
Por iso, penso eu, pode ser que Feijoo recordando aqueles tempos (o mellor quedaron traumatizados por ese sobrenome) tivo a idea de poñerlle “galiña azul” as galescolas.
Tags: galiña azul, feijoo, polo, negreira, xunta