Chegou o poder despois dunha campaña chea de mentiras, quese as cadeiras, que se os audis,…
Agora dedícanse a renovar os despachos, a mudar a xente dunhas plantas para outras pagando empresas de mudanzas para que lles cambien ordenadores, arquivos, teléfonos, etc.
Trasladan servizos de un edificio para outro sen motivo porque o xefiño da quenda gústalle mais o outro, aínda que ese traslado implique ter que facer obras con importantes custos para adaptar plantas enteiras para poder instalar teléfonos,ordenadores… pero iso chámase austeridade do goberno Feijoo.
En cambio non teñen, nin nunca se molestaron en facer unplan de prevención de riscos laborais en moitos dos edificios, non hai plan de evacuación, no hai formación dentro do centro de traballo para saber como actuar ante unha emerxencia, nin hai persoa responsable... Claro como é a propia Xunta a que incumpre, a que se tería que sancionar a si mesma, e non o vai facer, pero se fora unha empresa...
Din que os tres audis blindados véndenos para sustituilos por nove vehículos adaptados a discapacitados e tres monovolúmenes para fins sociais, pero o que fan é malvender os audis, e todos nos tivemos que mercarlle un novo coche o führer. Pobres incautos os que os creen…
Parece ser que so recibiron unha oferta polo audis e non saben se reúne os requisitos ou non. Se reúne os requisitos seguro que é do amigo o que lle mercan os citroen, porque agora so se pode andar en citroen e volswagen. Pero veremos se non queda deserto porque a oferta non reúne os requisitos.
