O Decreto 37/2006, de 2 de marzo regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Nos chamamentos de persoal regulados por este decreto a orde establecida é a que aparece no listado de chamamentos pola puntuación acadada por cada aspirante.
Pois ben, este goberno Feijoo ben de pasarse polo forro dito Decreto, chamou a persoal para o grupo C2 para cubrir varias prazas por acumulación de tarefas, na selección o requisito imprescindible para ocupar as prazas era ter traballado na lei da dependencia, os aspirantes que nun cumprían o requisito aínda que tivesen mais puntuación eran rexeitados.

Parece ser que o goberno Feijoo ten en proxecto establecer que se poidan pedir requisitos para acceder as prazas, co que, xa estamos vendo a transparencia deste goberno, xa estamos vendo o fin do “caciquismo e enchufismo” que dixo o presidente o dia da investidura.
Cal será o próximo requisito? Ser louro e de ollos azuis? Ter apelido composto? Pertencer a orde do desencravo? Estamos ante un novo führer?
Tags: galicia, listas, persoal, funcionarios, función pública