
A telegaita esa que nos últimos tempos baixou de audiencia, na que parece que dende o mes de abril a cota de pantalla baixou un 30%, os conselleiros da CRTVG cobran tanto como o presidente da Xunta, teñen asegurados uns ingresos en torno a 90.000 € anuais. Os conselleiros cobran 2.700 € fixos mais 250 € por consello ó que asisten e 150 € por comisión.
Ata o ano 2006, os conselleiros podían cobrar por asistir a calquera evento, igual daba que fora un pregón, un funeral, unha festa ou o que se terzara. Chégache a invitación, vas, comes gratis e por enriba cobrabas unha dieta.
Os estatutos da compañía din que os conselleiros deben ser profesionais de recoñecido prestixio, pero a realidade é que cada partido nomea aquel que lle ven en gana.
Hai conselleiros honestos que case non pasan dietas como é o caso de: MarioLópez Rico, do BNG, ou de Cecilia Pérez Orxe tamén do BNG.
Pero hai outros casos como: Jesús Pérez Varela, elixido polo PP, que sumou 272.060 euros en catro anos, Ana Peón, do mesmo partido con 252.020 €. Esther Paredes e Moisés Rey, doPSOE, ingresaron no mesmo período 246.342 e 251.395 euros, respectivamente.
Pero o premio lévao José Luis Iravedra Lestal, antigo profesor de debuxo no instituto Politécnico de Lugo, ex-presidente do PP de Lugo posto por Francisco Cacharro, e como retiro dourado conselleiro da telegaita.
Ben, este Iravedra leva cobrado de todos nos, dende o ano 2004 un total de 553.020 € so de dietas. No ano 2005 cobrou de dietas 152.132 €, e a partir do 2006 coa restrición posta polo bipartito, baixo algo pero non moito: 92.691 € en 2006 e a 86.828 € en 2007.
Por qué actos chegou a cobrar Iravedra? Pois tomen nota:
- Asistencia a conferencia sobre Trasplante Hepático con Donante Vivo en Lugo.
- Actos do Día do Aguardente de Portomarín.
- Partido de fútbol Selección gallega-Uruguay.
- Asistencia ó pregón de Nadal da Asociación de Belenistas de Lugo.
- Inauguración do hotel NH Obradoiro en Santiago.
- Comida-homenaje a Xosé Manuel Beiras.
- Actos do Trofeo Manolo Martín en Muxía.
Vive en Lugo e cobra por ir a un acto en Lugo, alguén o obrigou a ir? Acaso se el non asistise non se podía celebrar o acto? Seguro que moitos dos asistentes estarían encantados de que non asistise, e por enriba ten a cara de cobrar por asistir. Que pais!
Son estes os que nos van arranxar os problemas? Son estes os que poden falar de austeridade? Son estes os que nos van sacar da crise? Non eran estes os que falaban das cadeiras, e de “audis” que eles mesmos mercaron? Señorito Feijoo: ve vostede a palla no ollo alleo e non ve a viga no seu.
Tags: dietas, crtvg, galicia, iravedra, conselleiro