Imos falar hoxe das indemnizacións por razón do servizo, mais coñecidas como dietas que son os importes que reciben os funcionarios, deputados, conselleiros dos consellos de administración de empresas, etc. por desprazamentos fora do seu lugar de residencia para realizar traballos, funcións de representación, asistencia a tribunais, cursos, etc.
Na administración autonómica as dietas están reguladas por o Decreto 144/2001 do 7 de xuño que establece os casos nos que se ten dereito a dietas e regúlanse os grupos e os importes. Os importes vixentes naactualidade son:
|
Grupo |
Aloxamento |
Manutención |
Axuda enteira |
|
1º (altos cargos) |
102,56 |
53,34 |
155,90 |
|
2º (titulado superior e xestión) |
65,97 |
37,40 |
103,37 |
|
3º (administrativos) |
48,92 |
28,21 |
77,13 |
|
4º (resto persoal) |
48,92 |
28,21 |
77,13 |
Resultan un tanto chocante os importes, se o chofer vai co conselleiro ou director xeral, este paracomer recibe 53,34 €, o chofer ten que comer un bocadillo con 28,21 €, dado que este importe é o total que recibe pola comida e cea. O mesmo pasa co aloxamento o chofer so recibe 48,92 € e o xefe 102,56 €.
Pero o problema das dietas non son so os importes senón o abuso que delas fan os funcionarios e demais persoal con dereito elas. O persoal que normalmente cobra dietas é o que sae de inspección: inspectores de educación (coa igrexa habemos topado), inspectores de medio rural, industria, vivenda, etc.
Vexamos, a qué hora saen de inspección? Gran parte deles as 10, 11… a que hora regresan? Eu aposto que antes das 15 horas, co que non terían dereito a dieta, xa que a súa hora de saída do traballo é posterior a esa hora, pero sabemos que pasan dietas e o mais grave é que os xefes que teñen que dar a súa conformidade faino, hai que telos contentos!
Máis grave que isto é o caso de aqueles que pasan dietas e non saíron, senón que estiveron facendo asuntos particulares, eles saberán onde! Era de sobra coñecido o caso dun inspector de educación que tiña unha casa na praia e sempre os luns e venres tiña algunha inspección pola zona, seguro que o seu fin de semana en vez de ser de dous días era de xoves a martes. Tamén temos o caso do funcionario que sempre andaban de viaxe pola provincia facendo xestións e o día que este deixou o posto, o novo funcionario que lle sucedeu non pasaba ningunha dieta xa que solucionaba os problemas sen necesidade de viaxar.
Arranxarase isto algún día? Eu penso que non, e co PP dende logo menos que con ningún outro.
Maña falaremos das dietas dun concelleiro do PP na telegaita
Tags: dietas, galicia, funcionarios, indemnizacións