
Andan a voltas coa conxelación salarial dos funcionarios, imos falar algo dese tema. Segundo a prensa existen 155.000 funcionarios na Comunidade Autónoma de Galicia, dos que uns 87.000 corresponden a Xunta de Galicia.
Na administración hai 5 grupos de funcionarios: Grupo A1 que teñen que ser titulados superiores, é dicir, licenciados; grupo A2 con titulación de diplomado universitario; grupo C1 co título de bacharelato; grupo C2 coa titulación de ESO; e “outras agrupacións profesionais” con estudos de primaria.
As retribucións brutas anuais dun funcionario posto base serían as seguintes:
|
Grupo |
Contía anual sen trienios |
|
A1 (corpo superior) |
29.775,10 € |
|
A2 (corpo de xestión) |
25.150,70 € |
|
C1 (corpo administrativo) |
20.704,30 € |
|
C2 (corpo auxiliar advo.) |
17.890,10 € |
|
AP (corpo subalterno) |
16.216,50 € |
Agora comparemos estas retribucións, cas dos altos cargos da Xunta de Galicia, tomando como exemplo a Consellería de Facenda:
|
Cargo |
Contía anual sen trienios |
|
Conselleira |
80.016,92 € |
|
Secretaria Xeral e do Patrimonio |
60.074,31 € |
|
Directores Xerais |
60.074,31 € |
|
Pte Tribunal Galego Defensa Competencia |
74.542,77 € |
|
Vogal do Tribunal Galego Defensa Competencia |
70.046,94€ |
|
Pte. Consello Económico e Social |
76.369,74€ |
|
Secretario do Consello Económico e Social |
60.074,31 € |
|
Xefe do gabinete Conselleira |
60.074,31 € |
|
Xefe de Comunicación |
40.000 € |
|
Asesora |
35.000 € |
|
Secretaria |
31.748,40€ |
|
Redactora |
23.000 € |
Se incrementamos as retribucións un 1%, a un subalterno suponlle 162, 16 € , a un auxiliar 178,90 €, pero un conselleiro cobraría 800,16 € e undirector xeral 600,74 €.
Co que cobra un conselleiro o ano, pagaríanse a 4,93 subalternos e a 4,47 auxiliares. Co soldo dun director xeral pagaríanse 3,70 subalternos e 3,35 auxiliares.
Non dicían vostedes que eran un goberno “austero” pois demóstreno baixen as súas retribucións, as de tódolos altos cargos da administración (deputados, conselleiros, organismos autónomos, empresas públicas&hellip
, despois conxelen todas aquelas que superen unha cantidade, poñamos por exemplo 25.000 €, penso que hai moitos galegos que lles falta moito para chegar a este importe.
Como di o refrán “a caridade empeza por un mesmo” aplíquense o conto e apértense o cinto e déixense de tanta falacia.
Tags: funcionarios, salarios, conxelación, xunta galicia