O 25-08-2009 publícase una Orde pola que se convocan bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2009/2010.
O prazo para solicitar as axudas é do 1-09-2009 ata o 30-09-2009.
Requisitos:
a)Estar matriculadoen 1º, 2º, 5º ou 6º de educación primaria ou en educación especial nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o curso escolar 2009/2010.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, (entre outras non se poden ter débedas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social ou coa Comunidade Autónoma).
c) Para o alumnado de educación primaria, ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.
As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores.
As solicitudes presentaranse nas secretarias dos centros docentes ou na forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (correos, outro rexistro público).
Contía das axudas:
*Familias monoparentais:
-Con ingresos ata 6.000 euros: 180 euros.
-Con ingresos entre 6.000,01 ata 9.000 euros: 104 euros.
*Resto das familias:
-Con ingresos ata 5.400 euros: 180 euros.
-Con ingresos entre 5.400,01 ata 9.000 euros: 104 euros.
Enténdese por renda percápita familiar a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computables.
Páxina do DOG coa Orde deconvocatoria:
http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/30AD6?OpenDocument
Tags: subvención, libros, escolar, colexio, curso