A nova Lei do Solo de Galicia pretende darlle mais competencias ós concellos. Segundo o borrador que parecer ser que foi consensuado coa Fegamp, por parte da Consellería de medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas establece para os núcleos rurais que as novas edificacións separaranse das casas tradicionais como máximo 50 metros, co fin de evitar a dispersión.
En canto a delimitación na costa a separación estará establecida en 200 metros do mar, pero a Xunta poderá autorizar construcións a 100 metros “en casos excepcionais e xustificados”.
As corporacións locais tamén poderán autorizar: construción de torretas de electricidade, gasolineiras, depósitos de materiais, parques de vehículos, vertedoiros e depuradoras sen necesidade de solicitar unha autorización a Xunta. Ata agora só a Consellería competente en urbanismo podía autorizar este tipo de construcións.
En definitiva os concellos poderán autorizar por licenza municipal directa “dragados, desmontes, recheos; depósitos de materiais, parques de maquinaria e de vehículos o aire libre, explotacións agrícolas e gandeiras, granxas, currais; instalacións forestais e de madeira, … ademais das que xa tiñan como canteiras, cámpings, … Só a Xunta poderá autorizar a construción en solo rústico de instalacións de turismo rural, cemiterios, centros agrarios, campamentos de turismo…
Na anterior Lei só existían dous tipos de solo o núcleo rural e o rural consolidado agora créanse outros dous: o núcleo rural no consolidado e o complexo. A delimitación a este tipo de solo poñeraa cada concello e o que fai é ampliar o perímetro de construción.
Despois de ver todos estes datos, dámonos conta que esta Lei o que fai é outorgar as competencias ós concellos e abrir a man a construción no medio rural para que medre de maneira desordenada como o fixo ata hai pouco.
Nos concellos pequenos se un tiña unha finca e se levaba ben co alcalde, nunha semana construía un chiringuito no medio da finca e ninguén dicía nada (pedíase licenza para un garaxe, unha palleira), o acceso podía ser por un camiño de cabras, aínda que non tivera rede de saneamento, se non tiña auga da traída facíase un pozo, Fenosa con tal de cobrar dáche a luz e así temos nesta Galicia un crecemento desordenado, sobre todo na costa. 
Tags: lei, solo, galicia, concellos, planeamento